Larpeiros, TVG
Publicado: 07 de septiembre de 2008
Os larpeiros Cruz Armada, Tomás Alonso, Ramón Garrido, Benigno Campos e Lola póñense mans á obra, para levar a cabo a receita de «patacas con mexillóns«. A pataca terá un protagonismo destacado no presente capítulo, non en van o 2008 foi declarado pola ONU o «Ano da Pataca».
Tomás encargarase de mercar as patacas e Benigno os mexillóns. Benigno e Lola elaborarán a receita que nos amosarán paso a paso. Ademais, Benigno sorprenderá aos larpeiros cun aperitivo: «Rodas de pataca con mexillóns e vinagreta«. Tamén contaremos con consellos da doutora e trucos culinarios.